Oficina CEER
 08-05-2019
TERAPIA OCUPACIONAL (UDC) INAUGURA UNHA EXPOSICIÓN DE PINTURA, DENTRO DOS ACTOS DE CELEBRACIÓN DO VINTE ANIVERSARIO DO PRIMEIRO CURSO DA TITULACIÓN

O Edificio do Grao en Terapia Ocupacional, no campus de Oza, acolle mañá mércores, 8 de maio, ás 18:30 horas, o acto de inauguración da exposición de pintura de Encarnación Díaz, terapeuta ocupacional e exprofesora da Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña.

Esta mostra de pintura é unha das actividades previstas para conmemorar o vinte aniversario do primeiro curso da titulación de Terapia Ocupacional na UDC.

A decana da Facultade, Adriana Ávila, inaugurará a mostra pictórica xunto coa autora quen, a continuación, ofrecerá unha reflexión sobre a evolución da terapia ocupacional no contexto galego.

Fonte: www.udc.es