O obxecto do presente concurso é contratar persoal para colaborar
nas actividades de investigación que figuran no anexo I da presente
convocatoria. Excepcionalmente e unicamente para o caso de estranxeiros
que non teñan homologado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte o
correspondente titulo superior, admitirase, durante un período máximo de
dous anos a substitución do contrato por unha bolsa.