Oficina CEER
 20-06-2019
O CEER REUNIU AO SEU PADROADO NO PORTO

A Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal celebrou o pasado día 13 de xuño, na Reitoría da Universidade do Porto, a reunión anual do seu Padroado. Forman parte do Padroado do CEER os seis reitores das tres universidades galegas e das tres universidades públicas do norte de Portugal.

Nesta ocasión estiveron presentes, Manuel Reigosa, Presidente saínte do CEER e Reitor da Universidade de Vigo; António Fontainhas, Presidente entrante do CEER e Reitor da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro; António de Manuel Sousa Pereira, Reitor da Universidade do Porto; Profa. Pilar Torres, Vicerreitora da Universidade da Coruña; Prof. Victor Arce da Universidade de Santiago de Compostela; Profa. Fátima Vieria, Vicerreitora da Universidade do Porto; Prof. Valerià Paül, Director da Fundación CEER; e Profa. Helena Madureira, Secretaria do CEER.

Entre os temas a tratar nesta cimeira incluíronse o cambio de Presidencia do CEER, co traspaso de poderes dende a Universidade de Vigo á Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro. Esta presidencia será asumida polo Reitor, António Fontainhas, por un período estimado de dous anos.

Neste marco foron tamén aprobadas, por unanimidade, as contas do pasado exercicio 2018 e o orzamento para o ano 2019, así como o plan de mandato 2018-2021.

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Plan de mandato