Oficina CEER
 08-10-2019
O CEER COMO EXEMPLO DE MODELO DE COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA

O CEER participa na Semana Europea das Rexións e das Cidades que se está a desenvolver esta semana na capital europea. Esta participación enmárcase dentro do programa TEC Europa financiado pola Fundación Galicia Europa. Neste evento téntase coñecer de primeira man o futuro das politicas comunitarias co fin de mellorar o posicionamento das universidades da Eurorrexión na captación de fondos europeos. Neste evento desenvolveranse sesións de Networking con outras entidades europeas. Doutra banda, está confirmada a asistencia a máis de 10 conferencias e Workshops organizados pola Comisión Europea, relacionados cos fondos comunitarios no novo período de financiamento que se está actualmente negociando.

A Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal (Fundación CEER) é un exemplo de éxito e de boas prácticas de Cooperación Transfronteiriza na sesión do Curso de “Alto desempeño en cooperación transfronteiriza para Colombia y Ecuador”, impartido esta mañá en Bruxelas.

O curso brinda unha formación rigorosa academicamente, a cargo de Institucións de Educación Superior de Ecuador, Colombia, España e Portugal, con titulación válida en Ecuador e Colombia e que contribúa a desenvolver a visión e a planificación transfronteiriza. Enmárcase dentro proxecto INNOVACT promovido pola Gobernación de Nariño, O Observatorio Binacional de Fronteira Ecuador Colombia, A Prefectura do Carchi e Mancomunidade do Norte de Ecuador.

INNOVACT É un proxecto comprometido coa zona de Integración Fronteiriza do Ecuador e Colombia, baixo a certeza que o desenvolvemento transfronteirizo. Ten como obxectivo atopar solucións máis integrais e efectivas co propósito de conservar e incrementar capacidades nos territorios de intervención. A Fundación CEER foi convidada a formar parte do proxecto INNOVACT, como entidade colaborada.