Oficina CEER
 08-12-2019
ABERTA A NOVA CONVOCATORIA DO PROGRAMA IACOBUS

Aberta dende o día 28 de outubro até o día 29 de novembro a 6ª convocatoria do Programa de Mobilidade Iacobus.

O Iacobus-Estadías de Investigación, que xa vai pola súa sétima edición, é un programa de gran éxito no mundo universitario da Eurorrexión. Suma máis de 1.400 candidatos nas edicións anteriores, entre os que foron seleccionados 798 proxectos de investigación en múltiples áreas de coñecemento.

Ten como obxectivo fomentar a cooperación entre os recursos humanos das institucións e ensino superior e centros tecnolóxicos da Eurorrexión, a través dun sistema de intercambio transfronteirizo de profesores, investigadores, persoal administrativo e de servizos, xestores de innovación e técnicos de I+D+i.

Pola súa banda, o Iacobus-Publicacións científicas (Papers) vólvese convocar este ano, na que é a súa segunda edición. A finalidade deste programa é fomentar a cooperación transfronteiriza en actividades de investigación e divulgación científica a través de axudas económicas para a publicación de artigos científicos e de investigación en revistas de prestixio.

A elaboración e presentación das candidaturas efectuarase unicamente a través da plataforma que o Programa IACOBUS dispón na súa páxina Web (iacobus.gnpaect.eu), a partir do día 28 de outubro de 2019 e ata o día 29 de novembro de 2019 ás 23:59 h (hora española). Poderanse empregar exclusivamente os idiomas galego, castelán ou portugués no desenvolvemento das candidaturas e na documentación esixida pola plataforma Web.

Acceso plataforma: https://iacobus.gnpaect.eu/es/descargas

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Información