Oficina CEER
 28-11-2019
A USC acada o terceiro posto nos XXXIII Xogos Galaico Durienses

A USC obtivo o terceiro posto nos XXXIII Xogos Galaico Durienses, nos que tamén tomaron parte as universidades de A Coruña, Vigo, Minho, Porto, e Trás-os-Montes e Alto Douro. Abertos á participación do estudantado, do profesorado e do persoal de administración e servizos, a USC finalizou en primeiro posto na categoría de atletismo, acadou o terceiro posto en fútbol 7 feminino, e quedou en cuarto lugar en rugby 7 masculino e voleibol mixto.

Estes xogos concíbense coma unha ferramenta que permite o coñecemento mutuo, a convivencia e o traballo colaborativo entre as Universidades e organismos públicos integrantes da Eurorrexión. Ao tempo que son o aliciente para que os equipos universitarios adestren con intensidade e dedicación ao longo do ano para tentar mellorar as posicións de edicións anteriores, co espírito de entrega e superación que caracteriza a esta competición, apóstase de cheo por competicións mixtas de diferentes deportes que resalten a paridade e a igualdade de xénero e que integren obxectivos de desenvolvemento sostible.

Fonte: xornal.usc.es