Oficina CEER
 18-12-2019
PRESENTACIÓN DA APP VISIT RIO MINHO NOS CONCELLOS TRANSFRONTEIRIZOS

Unha das ferramentas resultantes do proxecto VISIT_MINHO, proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Dessenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa Interreg V A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020, é a APP Visit Rio Minho (dispoñible para Android e IOS). Esta APP, ofrécenos a posibilidade de acceder de maneira interactiva ós recursos turísticos e principais atractivos da área transfronteiriza do río Miño. A principal novidade desta app é o tratamento desta zona transfronteiriza como un destino turístico unificado que facilita a consulta das diferentes rotas pola natureza ou principais monumentos e lugares singulares atendendo á súa cercanía xeográfica, propoñendo incluso propostas de circuítos para velo todo do xeito máis fácil posible.

Esta app, na que tamén se pode consultar a axenda cultural, gastronómica e festiva de todos os Concellos das dúas marxes do Miño, así como os lugares nos que degustar a súa gastronomía, será presentada pola Fundación CEER para que sexan os propios Concellos os que a utilicen como unha ferramenta de difusión para as dúas actividades en toda a zona transfronteiriza e saquen o máximo proveito a este espazo compartido para publicar as súas principais actividades acrecentando o seu público obxectivo a toda a poboación destas poboacións así como a todo aquel viaxeiro presenta na zona e que utilice a app para guiar a súa visita turística.

Estas presentacións, abertas tamén a aqueles operadores turísticos ou profesionais da restauración ou hostalería que estean interesados en ter presenza na app, así como a todos aqueles interesados no funcionamento e funcionalidades desta app, desenvolveranse o próximo 20 de decembro, nas seguintes localizacións:

- Ás 12:30h local, no edificio do Concello de As Neves.
- Ás 13:30h local na Casa do Viño de Salvaterra do Miño.
- Ás 15:00h local no auditório da Biblioteca Municipal de Monção.