Oficina CEER
 31-01-2020
A FUNDACIÓN GALICIA EUROPA CONVOCA 5 BOLSAS PARA A FORMACIÓN PRÁCTICA EN ASUNTOS EUROPEOS DURANTE O ANO 2020

Están dirixidas a titulados universitarios e técnicos superiores en Formación Profesional.

O prazo oficial de presentación de candidaturas é de un mes contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia rematando o vindeiro 28 de febreiro de 2020.

O obxectivo destas bolsas formativas é facilitar á mocidade galega a mobilidade e o acceso ao mercado laboral, ademais de posibilitarlle a oportunidade de traballar nunha contorna europea e multicultural.

Esta iniciativa enmárcase nun dos obxectivos fundacionais da entidade, o de formación e sensibilización sobre a UE en Galicia.

Máis información en: http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/noticias_ver.asp?idSeccion=6&idTema=57&idNoticia=4764&identificadorIdioma=2&accion_app=avpolpric&hash=MzYxMDw8PD4+PnNhbnRpYWdvdGVjQGZjZWVyLm9yZw==#