Oficina CEER
 10-02-2020
INTERREG ATLANTIC POSITIVE, FREANDO A EXPANSIÓN DA VESPA VELUTINA

Xa está operativo o poster oficial do proxecto INTERREG Atlantic Positive. Mediante este cartaz dase a coñecer unha iniciativa financiada con fondos FEDER que pretende dar solución aos problemas xerados pola Vespa velutina así como impedir o seu avance por Europa. Esta é unha das pragas que máis inseguridade e alarma cidadá está a crear na Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal e o CEER está a colaborar con varias entidades eurorrexionais e europeas para paliar a ameaza da V. velutina.

Máis información na web do proxecto: http://atlanticpositive.eu/