Oficina CEER
 04-09-2020
VIVE O RIO MINHO - ACTIVIDADES ECOTURÍSTICAS NO RÍO MIÑO TRANSFRONTEIRIZO

A Deputación de Pontevedra, ao través do seu proxecto 0044_VISIT_RIO_MINHO_1_P, promove entre os días 12 de setembro e o 4 de outubro, o programa “Vive o Rio Minho - actividades ecoturísticas no río Miño transfronteirizo”, que ten como finalidade a posta en valor e o coñecemento do territorio do Miño, mediante a realización de actividades que combinen deporte, natureza, cultura, gastronomía, astronomía e moitos máis valores presentes no noso territorio.

As actividades, que xirarán ao redor do río, desenvolveranse nos concellos de As Neves, Arbo, Melgaço, Salvaterra, Monçao, Tui, Valença, Vila Nova de Cerveira, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Caminha. A proposta inclúe actividades variades tales como sendeirismo, balsismo, rutas en caiac e bicicleta, visitas culturais, observación astronómica... e están dirixidas a un público amplo e diverso.

O programa e o formulario de inscrición estarán dispoñibles nos seguintes enlaces:
https://visitriominho.eu/
http://www.depo.gal/vive-o-rio-minho