Oficina CEER
 15-10-2020
II PREMIO DE COMPOSICIÓN MUSICAL “COMPOSITORES EN CAMIÑO”

A Fundación CEER, xunto coa Orquestra da Universidade de Santiago, promove na presente convocatoria a segunda edición do III PREMIO DE COMPOSICIÓN MUSICAL - “ Compositores en Camiño”.

A convocatoria pretende fomentar e dar oportunidades á creación musical a estudantes de composición a través da presentación de propostas que, no caso de resultar seleccionadas, serían ensaiadas en aberto con o/as seleccionados/as e gravadas pola Orquestra da USC, ademais de estreadas dentro do proxecto Música en Camiño II, subvencionado polo Programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia para a tempada 2020/21.

Archivos asociados a esta noticia: