Oficina CEER
 09-09-2021
PRAZAS ABERTAS DE VOLUNTARIADO- GRUPO COMPOSTELA DE UNIVERSIDADES

Dende o Grupo Compostela de Universidades temos catro prazas abertas de voluntariado para atender as necesidades de interés social ligadas ao Camiño de Santiago.

Obxetivos:

• Enriquecer e valorizar os CV´s dos participantes.
• Transmisión de valores do colectivo participante á sociedade.
• Intercambio de experiencias entre os voluntarios e a sociedade.
• Dinamización e fomento da actividade física e mental dos voluntarios.
• Inclusión de colectivos vulnerabeis.
• Oferta de unha nova plataforma non-formal de transferencia de coñecemento para o colectivo universitario.

¿Quén pode participar?

• Os voluntarios deben ter entre 18 e 30 anos, con domicilio en Galicia e estar inscritos no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
• Admitiranse tamén no proxecto voluntarios pertenecientes ós colectivos en risco de exclusión social (ej. Idade avanzada, vítimas de violencia de xénero, pobreza, minorías, diversidade funcional, etc.) con domicilio en Galicia e que estén inscritos no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
• O proxecto tamén está aberto a voluntarios de outras universidades do GCU que teñan algunha vinculación recoñecida coás Universidades do Sistema Universitario de Galicia (ex. Estudiantes de grado e posgrado, profesores, investigadores, persoal laboral, etc.) con domicilio en Galicia e que estén inscritos no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
Duración:

Este programa está en vigor dende o 15-09-2021 ata o 30-09-2021

Tarefas:

• Os voluntarios realizarán as tarefas de benvida, acompañamento e dinamización das actividades de programación mensual do GCU, tales como: rexistro e control de participantes das actividades, punto de información para participantes, acompañamento e dinamización de actividades culturais (realización do Camiño de Santiago, visitas guiadas e excursións ao patrimonio de Galicia).

• Acompañamento de participantes nas actividades académicas (conferencias, sesións e debates).
• Dinamización e guía local para os participantes en asuntos da vida cotiá. • Toma de fotografías.
• Interactuación social e transferencia de experiencias e do coñecemento cós participantes e sociedade do entorno.

Bolsa/Beneficios:

• Manutención e transporte.
• Seguro de accidentes.
• Certificado de participación.
Inscripcións:

A inscripción para este proxecto podese realizar enviando o CV e unha carta de motivación a este correo electrónico ou ó seguinte correo electrónico: grupo.compostela@usc.es