Oficina CEER
 02-11-2006
COMEZA EN PSICOLOXÍA O FORO HISPANO-LUSO SOBRE TRANSTORNOS DE DESENVOLVEMENTO
A facultade de Psicoloxía da USC acolle dende hoxe o Congreso Hispano Portugués de Intervención en los Transtornos de Desarrollo, que se prolongará ata o sábado e que se centrará na intervención en idades temperáns. O acto inaugural terá lugar esta tarde, ás 18.00 horas, coa presenza da presidenta da Asociación Galega para a Docencia e a Investigación do Retraso (Agadir), María José Bucela; o presidente de Unicef Galicia, Andrés Fariña; a vecerreitora de Organización Académica da USC, María Dolores Domínguez; e o presidente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Sevilla, Jaime Rodríguez. O encontro servirá para celebrar o décimo aniversario da Unidade de Atención Temprana de Agadir e fai un repaso a súa traxectoria no último decenio. As conferencias comezarán co profesor da Universidade do Minho (Portugal) Óscar Gonçalves que falará da síndrome de Williams, un trastorno xenético caracterizado por retraso no desenvolvemento, aparencia facial inusual e perfiles cognitivos e de personalidade particulares. A continuación, o director da asociación ARELA e do programa ‘Buscámoste a ti’ de adopcións especiais, Ángel Martínez Puente, abordorá a cuestión da normalización á hora da adopción de nenos con dificultades. O Congreso finalizará coa presenza, entre outros, do xefe da Unidade de Rehabilitación Infantil do Hospital materno-infantil Teresa Herrera de A Coruña, Javier Cairo Antelo, galardoado co Premio Reina Sofía 2005 de rehabilitación e integración que falará do modelo interdisciplinar de atención sanitaria. A tarde do sábado dedicarase ao desenvolvemento de talleres prácticos sobre modelos de comunicación que sensibilicen e melloren as relacións en familia ou en grupos de nenos.