Oficina CEER
 22-09-2008
O Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da Universidade de Santiago de Compostela está elaborando un proxecto para a creación dun Máster propio da USC en “Psicoloxía Deportiva”

O Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, dirixido polo Catedrático de Psicoloxía, Constantino Are Fernández, está a traballar para a creación dun Máster propio da USC en “Psicoloxía Deportiva”, para o curso 2009-10, entre a USC e as tres universidades do norte de Portugal (Porto, Miño e Trás-os-Montes). Con esta iniciativa preténdese agrupar a un alumando de ambos países, de xeito que parte das materias se impartirán en Santiago de Compostela e parte na cidade de Porto.

Coa creación deste máster daríase cobertura á necesidade formativa na temática da Psicoloxía Deportiva na Eurorrexión, un campo cada vez máis demandado pero que na actualidade continúa sen oferta docente.

Para máis información e contacto:
- Telefono: 981 563 100 ext. 44068
- Correo electronico: constantino.arce@usc.es