Oficina CEER
 03-11-2006

A OFICINA DE CURSOS INTERNACIONAIS COORDINA UN PROGRAMA DE ALOXAMENTO EN FAMILIAS COMPOSTELÁS DE ESTUDANTES ESTRANXEIROS

A Oficina de Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela coordina un programa de aloxamento en familias dos estudantes estranxeiros que, tanto no verán coma o resto do ano, veñen a Santiago para participar nalgún dos cursos que organiza esta Oficina.

Unha das opcións de aloxamento ofertada aos participantes é a de permanecer cunha familia compostelá ao longo da súa estadía na cidade. O programa consiste, en liñas xerais, en recibir a un estudante durante o tempo que dure o seu curso (mínimo de dúas semanas e máximo de doce) e darlle a oportunidade de integrarse, na medida do posible, na vida familiar. O alumno disporá dunha habituación individual en réxime de pensión completa. As familias serán retribuídas segundo o período da estadía.

As familias interesadas en acoller a estes estudantes estranxeiros poden contactar coa Oficina de Cursos Internacionais (Avda das Ciencias, chalet nº 2. Campus Sur. Santiago de Compostela. Tel: 981-597035. E.mail: cspanish@usc.es).