A Semana da Ciencia celébrase en toda Europa e ten por misión contarlles aos cidadáns como
a ciencia inflúe nas súas vidas, e achegarlles a investigación que se fai no seu entorno, dun
xeito lúdico e entretido. Para lograr isto celébranse arredor dun cento de actividades que
buscan azuzar o pensamento, provocar a curiosidade e divertir a un público o máis amplo
posible.
Este ano a semana da ciencia terá lugar do 6 ao 19 de novembro. Con este motivo, un ano
máis, a Universidade da Coruña, co apoio da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de
Galicia, organiza as actividades que se relacionan a continuación para achegar a toda a
sociedade galega a ciencia e a investigación que se fai en Galicia.
Pódese consultar en detalle a axenda destas actividades na páxina web www.otri.udc.es. Para
máis información sobre as actividades que se realizarán nas outras cidades galegas, pódese
visitar o enlace www.semanadaciencia.org.