Oficina CEER
 07-11-2008
Patrimonio Histórico e novas tecnoloxías. O sistema das fortalezas fronteirizas entre Galicia e Portugal

Dentro do programa da Semana da Ciencia 2008, o CIS Deseño e Tecnoloxía de Ferrol inaugura o vindeiro día 11 de novembro, as 12:00 horas, a xornada "Patrimonio Histórico e novas Tecnoloxías".

Este evento constará de tres partes diferenciadas. Unha primeira parte institucional, coa presenza do Director Xeral de I+D+I da Xunta de Galicia e o Alcalde do Concello de Ferrol, que falarán brevemente das cuestións máis xerais do espíritu da Semana da Ciencia e da importancia de actividades de divulgación como estas. A segunda parte é de divulgación científica, coa intervención de D. Juan Antonio Rodríguez-Villasante Prieto, Director do CIEFAL-ICOMOS de Ferrol, Dª Mariana Correia, Directora da Escola Superior Gallaecia e membro do comité ICOMOS-ISCEAH de Vila Nova de Cerveira, Portugal e D. José Luís de Nicolás Sánchez, Xefe do Centro Interactivo Dixital do CIS D&T, da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia en Ferrol. Nas súas intervencións darase conta fundamentalmente dos resultados acadados polo proxecto CADIVAFOR: Catalogación, Valoración e Divulgación do Patrimonio Cultural formado polas Fortificacións fronteirizas entre Galicia e o Norte de Portugal. Finalmente, na terceira parte do acto, os asistentes poderán visitar o Centro Interactivo Dixital e participar dunha visita virtual ás fortalezas fronteirizas, chegar na fragata do século XVIII Santa María a Fortaleza de Insúa ou comprobar cal foi a evolución destes sistemas defensivos dende o inicio da súa construcción ate o momento actual.

Información e reserva no teléfono 981 337 133
CIS D&T. A Cabana s/n
Máis información:
http://www.semanadaciencia.org/actividades/actividade.php?id=293&lg=gal