Oficina CEER
 11-11-2008
Compartir coche na USC

Dentro do programa de fomento de hábitos de mobilidade máis respectuosos co medio ambiente, a Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible, pon en marcha esta iniciativa que pretende fomentar o uso racional do automóbil co obxectivo de reducir as emisións de CO2.

Dato:
O grao medio de ocupación dos automóbiles que entran nos campus da USC é de 1,5 persoas por automóbil, segundo un estudo desenvolvido pola Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible.

Por que compartir coche?
O aumento da ocupación dos vehículos privados contribúe a reducir o consumo de carburante e as emisións. Como exemplo pódese comparar o consumo e as emisións asociadas a unha viaxe urbana en coche de 5 km de lonxitude cada día por persoa e ano nun vehículo ocupado por un individuo e noutro por catro:

Efectos Automóbil con 1 ocupante Automóbil: Consumo combustible 125,9 litros gasolina/persoa/ano, Emisións CO2 383 kg CO2/persoa/ano.

Con 4 ocupantes: 31,5 litros gasolina/persoa/ano Emisións CO2 383 kg CO2/persoa/ano 109,5 kg CO2/persoa/ano

Segundo un estudo realizado pola Coordinación do Plan de Desenvolvemento Sostible, un 77% dos usuarios que habitualmente empregan o automóbil para acceder á USC estaría disposto a compartir o seu coche con membros da comunidade universitaria que tiveran que facer un percorrido similar na mesma franxa horaria.

Obxectivos: Promover compartir coche para mellorar a mobilidade asociada á actividade universitaria. Facilitar o encontro entre persoas que teñan predisposición a compartir percorridos similares na mesma franxa horaria.

Destinatarios: Estudantes, PAS e PDI da USC.

Como participar no programa?

Se es membro da USC e queres ofrecer as prazas libres do teu coche ou compartir percorrido cunha persoa que dispoña de prazas libres:

1. Cubre o formulario de participación no programa "Queres compartir coche?"

2. Unha vez cuberto o formulario serán publicados nesta mesma páxina web os seguintes datos: oferta e demanda de prazas para compartir coche, itinerarios e horarios, así coma o enderezo de correo electrónico e nome das persoas ofertantes ou demandantes de praza.

3. Se existe un itinerario común ao teu no que se ofertan ou demandan prazas, só tes que contactar co usuario a través do correo electrónico e poñerte de acordo con el para compartir coche.

4. Unha vez comeces a compartir coche de forma habitual e, por tanto, deixes de formar parte da oferta ou demanda de prazas, envía un correo electrónico a compartecoche@usc.es para poder darte de baixa nas listas de oferta e demanda de prazas na web.

Archivos asociados a esta noticia:
application/octet-stream: USC