Oficina CEER
 19-11-2008
O vicerreitor de Investigación da U. de VIgo, Manuel Reigosa, deixa o cargo

Manuel Reigosa, vicerreitor de Investigación, abandona tras dous anos o cargo que desempeñaba, despois de solicitar, por motivos persoais, o seu relevo do equipo de goberno da Universidade de Vigo. A decisión de Manuel Reigosa foi acollida con respecto por parte dos integrantes do equipo de goberno que lle trasladaron, ao ata de agora vicerreitor, o seu agradecemento pola labor desenvolvida durante este mandato.

Despois da solicitude realizada por Reigosa, o reitor, Alberto Gago designará unha substitución provisoria de sinatura, ata o nomeamento dun novo responsable da Vicerreitoría de Investigación.

Catedrático do departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo, Manuel Reigosa suma á súa responsabilidade, ata agora, á fronte da Vicerreitoría de Investigación, unha consistente traxectoria académica que inclúe a supervisión de varias revistas científicas ou a dirección de proxectos de investigación financiados por diversas administracións.