Oficina CEER
 25-11-2007
A Fundación CEER publica mensualmente un Boletín Informativo con novas de actualidade na Eurorrexión

No mes de novembro sae á luz a primeira edición do Boletín informativo Fundación Centro de Estudos EURO [REGIONAIS] REXIONAIS (CEER). Con esta publicación a Fundación CEER pretende contribuír á difusión dos eventos máis destacados de ámbito académico na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Do mesmo xeito, dará a coñecer convocatorias de bolsas, premios, concursos, ofertas de emprego, etc,; e publicará unha axenda de eventos de carácter cultural, formativo e de ocio, ofertado no territorio da eurorrexión.

Complementariamente, a través da sección web do xornal electrónico e a axenda dixital da Fundación CEER, calquera persoa interesada en ampliar a información destacada no boletín, poderá facelo accedendo ao enderezo web www.fceer.org.