Oficina CEER
 02-12-2008
Karl Barry Sharpless dará unha conferencia na USC

Foi Premio Nobel “polo seu traballo en reaccións de oxidación quiralmente catalizadas”.

Moitos produtos de interese farmacéutico ou tecnolóxico existen en dúas formas especulares, da mesma maneira que as nosas mans (esquerda e dereita). En moitos casos, cada unha de esas formas ten propiedades diferentes. Resulta moi díficil preparar cada unha desas formas especulares de xeito independente da outra.

Sharpless foi pioneiro no desenvolvemento de metodoloxía eficiente baseada en catálise para poder acceder a só unha das formas especulares. Aparte da relevancia conceptual, estes métodos de "catálise asimétrica" foron claves para o desenvolvemento de procesos de preparación industrial de fármacos, perfumes ou outros produtos, de xeito eficiente e menos contaminante.

A Conferencia terá lugar o Xoves 18 de decembro as 20:00 horas no Centro Sociocultural Fundación Caixa Galica (Carreira do Conde, 18)