Oficina CEER
 09-02-2009
A Fundación CEER organiza unha nova edición do curso sobre Planificación Estratéxica Municipal e Marketing Terrirorial

Tralos éxitos acadados en anteriores edicións, o Campus Virtual do CEER oferta unha nova convocatoria do curso “Planificación Estratéxica Municipal e Marketing Terrirorial”, dirixo polo Prof. Carlos Ferrás e organizado polo Grupo de Investigación Socio-Territorial GIS-T pertencente ó Instituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela.

Este curso é de modalidade a distancia, de xeito telemático, e está composto por tres módulos impartidos ó longo dun período lectivo de tres meses, cuxos contidos teñen como obxectivo principal capacitar ós seus alumnos na exposición e discusión de casos prácticos de planificación estratéxica comparativamente a nivel internacional; aplicar metodoloxías de marketing territorial en municipios concretos; á vez que proporcionar coñecementos fundamentais teórico -metodolóxicos para desenvolver plans estratéxicos municipais e políticas de marketing territorial no ámbito local.

Durante todo o proceso lectivo o alumnado poderá contar co apoio dos docentes do curso e disporán de horas de titorías para a resolución das dúbidas plantexadas.

A matrícula é de balde é estará dispoñible a tódalas persoas interesadas, tras previo rexistro no Campus Virtual da Web do CEER, até o vindeiro día 1 de marzo.

Para máis información poden consultar o seguinte enderezo electrónico: http://www.fceer.org/formacion/ ; ou contactar a través do email: xestion@fceer.org .