Oficina CEER
 11-02-2009
Chega o Forum Orienta

Chega o Forum Orienta a Galiza, que se realizará no recinto feiral ExpoCoruña e acollerá entre os días 11 e 14 a terceira edición da feira do ensino superior en Galicia, Fórum Orienta, que organiza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e conta co apoio das tres universidades galegas, asi como o patrocinio de empresas privadas.

Neste evento pretendese promover, achegar e difundir a oferta de ensino superior en Galicia para o alumnado de bacharelato e de formación profesional dos centros de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

Unha manchea de actividades se levarán a cabo nestes tres días para mostrar o que a educación galega pode ofrecer as/aos mozas/os galegos/as.