USC
 23-11-2006
A política pesqueira na Unión Europea, a análise nunha conferencia no Idega

O investigador da USC membro do grupo de Economía Pesqueira e visitante na Universidade British Columbia, Sebastián Villasante, ofrecerá unha conferencia este venres, día 24, no Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega).

A intervención, que terá lugar a partir das 16:00 horas, leva por título ‘Sustentabilidade ou enfoque por ecosistemas: o caso da política pesqueira na Unión Europea’.