Oficina CEER
 18-06-2009
Plan de comunicación 2.0. Hoxe destacamos: O Blog Nómada de Juan Freire

O Centro de Estudos Eurorrexionais segue fomentando o debate e apoiando o coñecemento da información referida á comunicación 2.0. Xa foron moitas as suxestións presentadas, pero consideramos que aínda teñen que ser máis, que debemos contribuir ao debate en torno á comunicación.

Seguimos, por tanto, suxerindo libros, blogs, etc. Hoxe tocanos un moi preto, trátase do: blog Nómadas

Este blog está feito polo gurú das novas tecnoloxías Juan Freire. Ademais trátase do blog feito en Galicia máis lido no mundo, e supón un dos mellores exemplos de como dende as universidades se é capaz de liderar as novas tecnoloxías. Juan Freire é biólogo, profesor universitario e emprendedor. Explorador do papel da innovación, a estratexia e a tecnoloxía e cultura dixitais nas redes sociais, as organizacións e as cidades.

No blog podemos atopar artigos relacionados coa economía, redes sociais, o emprendemento, a política, e innovación, urbanismo, deseño, software, etc. Asi que non deixedes de visitar este blog feito dende a periferia para todo o mundo