Oficina CEER
 23-06-2009
+ visións sobre a innovación: Innobasque

Co obxectivo de continuar promocionando a innovación, o Centro de Estudos Eurorrexionais quere presentarvos diferentes iniciativas que se están a desenvolver no marco da innovación.

Hoxe, queremos presentarvos o proxecto Woka Euskadi, organizado por Innobasque, a Axencia Vasca de innovación. Esta iniciativa, foi en palabras de Pedro Luis Uriarte, director de Innobasque, unha experiencia de participación social, que a través do diálogo e o debate foron capaces de lanzar propostas sobre a innovación.

Ao longo da xeografía vasca e con multiples skateholders, relizaron unha serie de wokas cafés nos que participaron preto de 5000 persoas, aportando máis de 1000 propostas sobre como afrontar a revolución tecnolócia que supoñen as TIC. Grazas a esta iniciativa, o debate social xa está en marcha e vai permitir coñecer máis de preto claes son as demandas dos axentes sociais.

Podedes visitar a web de innobasque en www.innobasque.com, E se queredes coñecer os resultados de woka cafe, só tedes que descargar o documento adxunto.

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Resultados Woka Euskadi