Oficina CEER
 26-06-2009
Plan de Comunicación. Hoxe destacamos: I Evento Internacional de Arte, Redes Sociais e Web 2.0

A iniciativa do segundo ano do proxecto cultural 12 lúas é poñer a andar a tódolas artes e artistas pola rede. Para isto invitámovos a tod@s a este gran evento da web 2.0.

Requisitos para participar no 1º Evento Internacional de Arte, Redes Sociais e Web 2.0

1.1 Ter un blog (blogspot, wordpress, etc) na que @ artista amosará os seus traballos.
1.2 Estar nalgunha das redes sociais (Facebook, Tuenti, hi5, etc) na que impulsará os seus traballos como medio de expresión.
1.3 Dependendo cal sexa o seu medio de expresión deberá figurar en algunha das seguintes plataformas: Youtube ou Vimeo no caso do audiovisual. Para aqueles traballos de expresión escrita: Scribd ou Issuu. Ou Flickr tanto na expresión plástica ou no campo fotográfico.
1.4 Tódolos traballos deben estar rexidos polas Licencias Creative Commons.

Unha vez cumpridos os requisitos deberase mandar a este mail: 12luas@gmail.com os links correspondentes para a súa comprobación.

Unha vez comprobados mandaráselle un mail @ artista co logo do evento para que o colgue nas respecitvas plataformas e publicarase no blog de 12 lúas http://12luas.blogspot.com

Aquel que teña máis comentarios feitos por usuarios únicos será publicado en tódalas nosas redes xunto coa súa obra.

A data límite para participar é o 4 de outubro de 2009.

A intención de este proxecto é amosar as capacidades expositivas e promocionais da rede en canto á comunidade. Esperamos a vosa participación.