Oficina CEER
 29-06-2009
Polllin analiza na UDC como sair da crise

Mañá martes, 30 de xuño, ás 20.00 horas a Universidade da Coruña acollerá unha conferencia baixo o título “Globalización e mercado de traballo: unha saída social á crise”, de Robert Pollin, codirector do Political Economy Research Institut na Universidade de Masschusetts en Amherst. Pollin doctorouse en Ciencias Económicas pola New School for Social Research da Cidade de Nova York. Os seus obxectos de investigación xiran arredor da macroeconomía, as condicións dos traballadores de baixos salarios en Estados Unidos e globalmente, na análise dos mercados financeiros.

Nesta charla preténdese correlacionar a especificidade da crise financeira coas pautas de comportamento da economía mundial e dos diversos modelos de capitalismo “rexional”, que conformaron a situación de crise actual durante as últimas décadas e sinalar cáles teñen sido os desequilibrios macroeconómicos globais e o modelo financeiro-monetario concomitante que colapsou con tanta virulencia desde o verán de 2007. Analizarase tamén de que xeito a persistencia destes equilibrios e a posíble reedición dese modelo está dificultando ou podería dificultar a recuperación e a saída da mesma. En particular, pretende comprender como ten evolucionado o modelo de crecemento e de incremento da produtividade e de reparto da riqueza e como se ten xerado unha dualización e precarización social inxusta e insostíble nos mercados de traballo tanto a escala global como a escala das economías nacionais discretas. A conferencia, de asistencia libre, está organizada pola Centro de Excelencia Jeann Monet: Institucións e Dereitos da Unión Europea da Universidade da Coruña e a Universidade Invisíbel.