Gabinete de comunicación
 26-01-2007
Díaz Pardo investido doutor honoris causa pola Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña celebrou o acto oficial de investidura do décimo oitavo doutor honoris causa a Isaac Díaz Pardo, unha figura que, como definiu Xosé María Dobarro na laudatio, é “imprescindible na Galicia de máis do último medio século”.

O catedrático universitario foi o encargado de glosar a persoa de Isaac Díaz Pardo, recoñecendo nel virtudes persoais e profesionais merecedoras da máis alta distinción académica que concede a universidade. Con esta concesión, Díaz Pardo queda “oficial e meritoriamente -porque doutros xeitos xa o está- ligado á nosa institución”.