Un novo servizo ponse a disposición dos internautas na rede, este é o Atlas mundial da innovación que permite localizar aos principais centros de innovación do mundo. Grazas a esta interesante aplicación podemos ter información sobre estes centros de innovación, onde están situados, ano de fundación ou o ámbito empresarial no que se insire o Centro de innovación.
A través dun plano mundial, podemos situar estes centros de innovación, todos eles xeoreferenciados. Asi mesmo, nunha primeira visita podemos observar a situación dos principais centros innovadores, a maioría deles en Europa, na costa Este dos EEUU, e Xapón.
Wainova Atlas da Innovación é un proxecto de Bestiario, empresa catalana especializada no desenvolvemento de novos entornos de visualización da información.
Para ver este Atlas da innovación, consulte aqui
consulte aqui