Oficina CEER
 05-09-2009
Un novo libro se suma ao Centro de Documentación do CEER

Un novo libro se suma as máis de 250 referencias bibliográficas que figuran no Centro de Documentación do Centro de Estudos Eurorrexionais.Este potente motor de procura nesta mesma web supón un dos mellores soportes de información sobre Galicia e Portugal. O Centro de Documentación naceu coa intención de albergar un espazo web para a difusión de libros de temática eurorrexional, como unha ponte máis na creación de comunidade

No apartado de novidades, podedes ver este novo libro escrito polo Profesor Doutor João Portugal Vieira , titulado Portugal and Peacebuilding: Colonial Memories and Contemporary Crossroads, foi editado por FRIDE e CES. A oportunidade de poder descargalo de balde supón un acercamento da cultura e do coñecemento e brindanos a oportunidade de acercarnos a política implementada por Portugal na construción da paz.

Este libro súmase por tanto a unha morea de libros, que seguen en aumento. Dende aquí queremos animarvos a que nos suxirades libros, ou investigacións, para poder facilitar o acercamento do coñecemento a todos/as nós.