A UVIGO e UMINHO organizan o Master sobre Políticas comunitarias e cooperación internacional
O obxectivo do programa consiste na formación de tituladas/os universitarias/os con sólidos coñecementos da Unión Europea e das súas políticas vinculadas co desenvolvemento rexional, dotándoas de ferramentas prácticas para contextualizar as políticas públicas comunitarias nunha rexión concreta e capacitándoas para deseñar estratexias de desenvolvemento endóxeno da eurorrexión no marco das políticas europeas e rexionais.
En canto os destinatarios, estes son: tituladas/os universitarias/os de calquera ámbito de coñecemento; traballadoras/es da administración, empresa privada ou do terceiro sector así como profesionais no exercicio libre da súa profesión, con titulación universitaria, que desexen completar a súa formación inicial, especializarse e/ou adquirir unha formación de posgrao sobre políticas comunitarias e cooperación territorial.
Recomendan facer este máster por:
- Por que é un Master oficial do Espazo Europeo de Educación Superior.
- Por que é un Master interuniversitario e internacional conxunto entre as Universidades de Vigo e Minho.
- Por que está avalado polo European Centre of Excellence Cross- Border que a Comisión Europea lle concedeu á Universidade de Vigo en 2006.
- Por que ten asinado convenios de colaboración para realizar prácticas coas principais institucións e organizacións das NUT III fronteirizas de Galicia e Norte de Portugal.
- Por que o seu carácter semipresencial, cunha única sesión semanal os xoves pola tarde, permite unha gran flexibilidade para adaptarse ás necesidades laborais e profesionais do alumnado que vai ter online o groso da súa formación.
- Porque a Universidade de Vigo se compromete a ofrecer formación lingüística en inglés e noutra lingua comunitaria ao alumnado que non teña, de inicio, os niveis B1 (inglés) e A2 (outra lingua comunitaria), sen coste adicional.
O Espazo Europeo de Educación Superior harmoniza pero non fai uniformes os sistemas universitarios de cada Estado. Así, en España os Masters oficiais teñen un mínimo de 60 ECTS e en Portugal de 90. Esta distinta situación normativa levounos a preparar unha proposta con trés módulos: troncalidade, optatividade e practicum.
.