"Tínhamos acabado de jantar.Defronte de mim o meu amigo, o banqueiro, grande comerciante e açambarcador notável, fumava como quem não pensa. A conversa, que fora amortecendo, jazia morta entre nós. Procurei reanimá-la, ao acaso, servindo-me de uma ideia que me passou pela meditação. Voltei-me para ele, sorrindo. É verdade: disseram-me há dias que você em tempos foi anarquista…"
(O Banqueiro Anarqusita, Fernando Pesooa)
Así comeza a obra O Banqueiro Anarquista nova lectura do Club de Lectura Virtual Eurorrexional. Obra, escrita por Fernando Pessoa, referente da literatura universal que representa un extraordinario exemplo do debate sobre o individualismo e de como se pode ser capaz de superar as estruturas colectivas e as limitacións establecidas polas sociedade.
Esta interesante e curta obra, supón un chanzo máis na procura de acercar a literatura portuguesa aos galegos, entendendo o Club de Lectura Virtual Eurorrexional como unha ponte máis na comunicación e no diálogo entre os veciños galegos e do Norte de Portugal. Para o Centro de Estudos Eurorrexionais, entidade creada pola UDC, USC, UVIGO, UTAD, UMINHO, UPORTO, o establecemento de sinerxía se redes é unha necesidade, polo que o desenvolvemento dun Club de Lectura Virtual é un expoñente máis de como é posible desenvolver proxectos conxuntos entre as universidades públicas do Norte de Portugal e Galicia.
A obra O Banqueiro Anarquista poderá ser comentada durante as seguintes dúas semanas, para poder comentala podedes inscribirvos no seguinte enderezo web: www.fceer.org/clubdelectura/. Nestas dúas semanas irán aparecendo os comentarios achegados polos usuarios e poderemos desfrutar de máis sorpresas, así que estade atentos.