Oficina CEER
 04-01-2010
Feliz ano 2010. Ano Europeo de loita contra a Pobreza e a Exclusión Social.

A Fundación do Centro de Estudos Eurorrexionais quere sumarse a iniciativa europea de colaborar neste 2010 para animar ao conxunto da cidadanía europea a contribuir na loita contra a pobreza e a exclusión social.

Neste extinto 2009 o CEER colaborou co Concello de Vilagarcía, Unirisco, Maiainnova e Tecmaia na organización dos workshops As 5 W´s na innovación, sesións enmarcadas no Ano Europeo de Creatividade e Innovación. Esta iniciativa foi valorada como un gran éxito e supuxo a contribución do CEER na difusión da creatividade e a innovación como factores de desenvolvemento.

Dende o CEER seguiremos colaborando coas iniciativas que dende a UE se fomentem e por este motivo neste 2010 o CEER espera poder realizar accións que contribúan a loitar contra a pobreza e a exclusión social, polo que podemos aventurar que neste 2010 colaboraremos coas oficinas de voluntariado das universidades no impulso de iniciativas conxuntos que faciliten a erradicación dos prexuizos e a estigmatización da pobreza e a exclusión social.

Así mesmo dende o e-xornal do CEER, www.fceer.org, web con contido eurorrexional máis visitado da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, divulgaremos noticias que contribúan a crear un estado de ánimo favorable á loita contra a pobreza e a exclusión social.