Oficina CEER
 08-01-2010
O CEER presentará o seu proxecto de Lecturas compartidas na Eurorrexión

O Centro de Estudos Eurorrexionias presentará este venres 15 de Xaneiro o proxecto Lecturas compartidas na Eurorrexión. A iniciativa xurde grazas ao éxito obtido co Club de Lectura Virtual Eurorrexional e pretende ser un paso máis na divulgación da lectura como vehículo de transmisión do coñecemento.

O proxecto será presentado na cidade de Porto o vindeiro 15 de Xaneiro e contaremos coa presenza de profesores de institutos de secundaria galegos e portugueses. O Club de Lectura convirtese, por tanto, nun espazo de comunicación transfronteriza e de intercambio de impresións dos rapaces e rapazas de ambos os lados da Raia. Na presentación explicarase como se van articular as colaboracións neste novo proxecto de innovación social aberto, no que esperamos poder contar con máis centros de secundaria.

Así mesmo aproveitarase a ocasión para presentar o proxecto no Clube Literario de Porto as 15:00 horas local, na sede do Centro, sito na rua Nova da Alfândega no n.º 22 de Porto. No Clube Literario establecerase unha nova ponte de comunicación entre os veciños galegos e portugueses coa suma desta institución na dinamización do proxecto Lecturas compartidas na Eurorrexión.