Oficina CEER
 13-01-2010
Escoita as VII Xornadas SINDUR: Da Cidade Dixital á Cidade Aumentada

O pasado luns 14 de decembro tiveron lugar as VII Xornadas SINDUR: Da Cidade Dixital á Cidade Aumentada, desenvolvidas ao amparo dos Plans Nacional e Galego de I+D+i, en catro conferencias relacionadas co uso intelixentes das TIC e o Desenvolvemento Urbano e Rexional.

O grupo de investigación GIST da Universidade de Santiago de Compostela pretendeu con estas xornadas analizar cómo podemos superar a cidade dixital clásica que promove a formación da xente no uso de Internet, crear webs locais, promover os telecentros ... ate un novo concepto de cidade aumentada que impulsa a difusión de productos territoriais, empresas locais, sociedade civil... etc a través das redes sociais e a Internet, promovendo o desenvolvemento económico e a innovación. Trátase de impulsar un debate crítico e creativo sobre estratexias de marketing territorial de cidades a partir da web 2.0 e as redes sociais como facebook e outras; tendo presente que todo isto pode promover a creatividade, o emprendedurimo e a innovación na sociedade local; trátase de superar a publicidade dos tópicos por unha estratexia de marketing online innovadora para promover e vender a “cidade” e o territorio. En definitiva, trátase de usar a Internet como se fose un gran lente ou lupa que aumenta a visibilidade da cidade na sociedade local, rexional, nacional e internacional. Unha gran lente como a dende un telescopio que permite ver os detalles das estrelas situadas a Miles de quilómetros de distancia... Entendes todo isto?

Para este evento contouse coa participación de Carlos Ferras Sexto, profesor da USC, Luciano Alfaya e Patricia Muñiz, arquitectos de Mmasa e Enric Senare, director do Urban Lab Cornellá. O programa complementouse cunha mesa de debate e rolda de preguntas. Podes escoitar e ver nos arquivos de son e vídeo as ponencias presentadas no acto.

Luciano Alfaya e Patricia Muñiz (arquitectos de Mmasa). Habitares . A cidade dos barrios. Fotografando a cidade. Para que? Para quen?

Carlos Ferrás (Xeógrafo. GIST. Idega. USC). Innovación e Universidade. Construindo a Eurorrexión do Coñecemento. Como e para quen? A experiencia do Campus Virtual da Fundación CEER.

Enric Senabre (Antropólogo. Director Urban Lab Cornellá). Innovación aberta no CitiLab de Cornellá-Barcelona . Historia dun proceso de interacción sociedade-tecnoloxía. Éxito?

A celebración do acto tivo lugar na Aula Seminario do Insituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia.

Para máis información:
Gist-formacion@usc.es ou se queres ecoitar as xornadas entra en: www.gist.es.