Oficina CEER
 25-01-2010
A Aula de Teatro e Danza da UDC abre a convocatoria de cursos

A Aula de Teatro da UDC dependente da Vicerreitoría de Cultura e Comunicación ven de facerr píblicos o listado de cursos e obradoiros de danza e teatro para o segundo cuatrimestre do curso 2009/2010.

Entre os cursos propostos polo centro coordinado por Rubén Ruibal atópanse interesantes iniciativas como o curso de interpretación teatral impartido por Carlos Losada ou o curso de Iniciación á danza contemporánea impartido Caterina Varela, bailarina profesional e coreógrafa da Compañia La Macana e Entremans.

Impartirase tamén o Obradoiro de Escrita. Creación dun texto dramático, dirixido por Santiago Cortegoso: autor, actor e director teatral, premio Magalia pola súa peza “Hámster”, estreada na Sala Triángulo de Madrid, recibiu no 2009 o Premio Rafael Dieste por “0,7% Molotov.

Entre outras actividades está o curso de teatro xestual, Commedia dell’Arte, dirixido por María Torres e o taller de Teatro Universidade Senior. E o Campus dfe Ferrol desfrutará do curso de interpretación teatral, dirixido por Jose Luis Prieto e do curso de inicación a danza contemporánea,impartido por María Torres.

Archivos asociados a esta noticia:
application/pdf: Programa-cursos