Oficina CEER
 05-02-2010
A USC organiza a 5ª Conferencia Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información.

A CISTI 2010 terá lugar en Santiago de Compostela entre o 16 e o 19 de xuño de 2010. Trátase dun evento técnico-científico anual, que ten como obxectivo presentar e discutir as innovacións, experiencias e coñecementos no campo dos sistemas e tecnoloxías da información. As anteriores edicións da CISTI foron indexadas polo ISI. Nesta quinta edición, a CIST’2010 é tamén un evento IEEE.

A CISTI 2010 é organizada polo Gist. Idega da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías de Información (www.gist.es ), sendo socios: Universidade Fernando Pessoa, Universidade de Vigo, Instituto Politécnico de Cávado e Ave, Universidade de Extremadura, Universidade Politécnica de Madrid, Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, Facultade de Inxeniería da Universidade de Oporto, ISEGI da Universidade Nova de Lisboa e a Universidade Tecnolóxica Nacional de Arxentina.

As datas para presentar comunicacións e traballos están próximas ao peche. Podedes inscribirvos a través da web cisti2010; pode ser este un foro de debate académico de gran interese para a investigación das relacións entre Tecnoloxía e o Territorio e unha oportunidade para mostrar resultados de investigacións en curso como Teses de Doutoramento, de Master,etc. Os artículos publicados estarán dispoñibles na biblioteca dixital Xplore e indexados por Inspec.

Os datos de inscrición e participación está sendo moi satisfactorios, destacando unha alta participación dende Portugal e moi significativa dende Latinoamérica e resto de España. Sería importante facer un pequeno esforzo dende Galicia.

As entidades interesadas en patrocinar a CISTI 2010 deben comunicarse coa organización por e-mail cisti2010@aisti.eu