Oficina CEER
 09-02-2010
Convocan unha manifestación cuxo título é “Investigar é investir en futuro”

O vindeiro dia 6 de marzo haberá unha manifestación en Madrid (12:00h Puerta del Sol) en favor da Ciencia e levará por lema “Investigar é investir en futuro”. É unha manifestación á que esta convocado todo o mundo: estudantes, investigadores en etapa predoutoral e posdoutoral, profesores, técnicos e toda a sociedade en xeral que crea que é o momento de cambiar o modelo produtivo deste país.

Os convocantes son os seguintes:

- Plataforma por la Investigación
- Asociación para el Avance de la Ciencia y la Tecnología en España
- Federación de Jóvenes Investigadores
- Asociación Nacional de Investigadores Ramón y Cajal
- Asociación de Investigadores Juan de la Cierva
- Asociación de Investigadores Parga Pondal

Desde Precarios-Galicia informan que acudiran á manifestación e que van fretar un autobús para que todo aquel que desexe e poida acudir a Madrid, o faga.

Máis información en: http://precariosgalicia.org/