Oficina CEER
 12-02-2010
O Entroido en Galicia e no Norte de Portugal

En Galicia o Entroido celébrase dende sempre. Existen manifestacións dunha moi fonda tradición e que aínda perduran hoxe, especialmente na provincia de Ourense, e nalgunhas partes de Lugo, mesturando esas tradicións ancestrais con outros elementos máis novos.

Entre os chamados " ritos de grupo" (a súa orixe e significado é descoñecida) pódense citar:

Os Cigarróns que son personaxes enmascarados e adornados (coma en Verín), as Pantallas que amolan ós viandantes con dúas vexigas cheas de aire (moi común no Entroido de Xinzo da Limia) , os distintos Peliqueiros (coma en Laza), personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas coma os animais, zorregan á xente e levántanlle a saia ás mulleres,.animais como pode ser unha vaca, o burro ou o galo, xa sexa reais ou simulados simbolizan o Entroido en si e interveñen na festa, ben para ser burlados e escarmentados, ben para actuar activamente facendo falcatruadas; os Correos, que van pola veciñanza ofrecendo cós Xenerais "canten" a cada unha das casas a cambio dunha doazón, os Xenerais, vistosamente disfrazados con sombreiros, medallas e fitas que lembran de xeito choqueiro os uniformes do século XIX. Nalgunhas das parroquias realízanse tamén encontros ou "saltos" entre os xenerais, facendo un repaso satírico da vida cotiá.

Os disfraces no medio rural sempre foron moi variados, a súa simbolización é a da volta ó mundo do revés... Por iso hai homes vestidos de mulleres e mulleres vestidas de homes, de curas ou monxas... Moitas veces os que non tiñan disfrace, vestíanse coa roupa do lado do revés.

No Entroido todo está permitido. Son moi comúns os discursos coma os testamentos, os chamados arranques ou as coplas, que son sátiras da realidade e de feitos sucedidos durante o ano, incluíndo ós referidos ós veciños e ás institucións públicas.

Dende o século XIX, comezou a celebrarse nos liceos de cidades e vilas un entroido máis burgués, con disfraces e bailes máis elaborados. Xa no século XX, e durante a época da guerra e da posguerra o entroido foi perseguido, polo que algunhas das tradicións perdéronse. Pero, dende os anos 70 deu comezou un proceso de recuperación destas tradicións máis ancestrais, tanto nas aldeas coma nas cidades; nestas ultimas con desfiles, concursos e disfraces nas rúas acompañados con música.

Pero o que sempre primou do Entroido, e o espírito de crítica contra todo, e a posibilidade de dicir esas cousas con ton de sátira.

Aínda resisten en Portugal algunhas celebracións do Entrudo que manteñen a súa singularidade, de acordo coas nosas tradicións. En Tras-os-Montes cóntanse polo menos tres: Lazarim, Vinhais e Podence.

En Lazarim, o Entrudo é unha festa local, case privada, cuidadosamente preparada as semanas que a antecedem. O punto alto é a lectura pública das «deixadas», testamentos que dividen simbolicamente un burro polos rapaces e raparigas da aldea. Jocosas, trocistas e irónico, son preparadas en segredo polos máis novos, que moitas veces recorren á sabedoría e coñecemento dos máis vellos, repetindo a tradición. Os testamentos son ouvidos en silencio polos enmascarados para non seren recoñecidos polas vítimas das súas diabruras.

Mais a festa non fica completa sen o Desfile de Caretos, o Concurso de Máscaras (feitas en madeira polos artesáns locais) e a Queima dos Compadres - o compadre e a comadre, dous bonifrates cargados de pólvora e que, o martes, poñen punto final á festa e á rivalidade que durante varias semanas opuxo rapaces e raparigas.

Fundamentais son tamén as refeições cerimoniais á base de carne de porco, que marcan o inicio do período de abstinência da Quaresma.

Se o discurso jocoso e a ri pública marcan o momento máis significativo do ritual carnavalesco de Lazarim, en Vinhais e Podence é o movemento e a acción endiabrada dos enmascarados que predomina.

A acción dos diaños de Vinhais xa non produce hoxe os efectos temidos de outrora, cando as raparigas non se atrevían a saír á rúa. O ritual de castigo e correrías polas rúas da vila é hoxe unha manifestación tímida e cada vez máis incerta, con non máis do que unha decena de enmascarados.

Mais, en Podence, pequena aldea situada a poucos quilometros de Macedo de Cabaleiros, a tradición está de boa saúde e conserva aínda unha boa parte da licenciosidade «salvaxe» que sempre a caracterizou.

Os días grandes da festa son o Domingo Gordo e Martes de Entroido e os Caretos só paran para matar a sede ou para combinaren máis unha arremetida sobre a Praza da Capela, a pequena praza da aldea onde todos asisten ao ritual.

Ás iras dos Caretos endiabrados ninguén se atreve a opôr-se. Só as Matrafonas (raparigas disfrazadas de homes e viceversa) son aforradas á sumária xustiza carnavalesca, assaz singular no caso da aldea transmontana: os demónios enmascarados lánzanse ao asalto das moças e encostando-lla elas, ensaiam unha danza un tanto erótica, axitando a cintura e facendo embater os chocalhos que traen pendurados contra as ancas das vítimas.