Oficina CEER
 17-02-2010
Aberto o prazo de preinscripción no Curso de Perfeccionamento en Marketing Territorial

O Curso de Perfeccionamento e Marketing Territorial (5 créditos, 50€) ten como obxectivo principal, capacitar ós seus alumnos na exposición e discusión de casos de Planificación Estratéxica e Marketing Territorial comparativamente a nivel internacional; aplicar metodoloxías de Marketing Territorial en municipios concretos, á vez que proporcionar coñecementos fundamentais teórico -metodolóxicos para desenvolver plans estratéxicos municipais e políticas de Marketing Territorial no ámbito local.

O Marketing Territorial é unha ferramenta estratéxica que permite a definición da imaxe corporativa de lugares, cidades, municipios... En función do seu modelo de desenvolvemento e as súas necesidades vitais. Permite planear a oferta de aqueles produtos estratéxicos que poden ser básicos para as economías locais e ofertarlos no mercado de forma competitiva e atractiva. Valora as necesidades do mercado e da competencia para establecer a súa imaxe diferencial e axustar a súa oferta ás necesidades e gustos dos potenciais inversores, turistas, administracións...

Requisitos de acceso: alumnos de grado (diplomados, licenciados e enxeñeiros) ou de último curso, especialmente con formación nas áreas de coñecemento das ciencias sociais, económicas e humanidades. Tamén está aberto para os profesionais autónomos (Pemes) e técnicos da administración pública, con ou sen titulación universitaria.

Preinscrición: 01/02 ao 15/03 de 2010

Matrícula: 16/03 ao 22/03 de 2010

Inicio do curso: 22/03 de 2010

Fin de curso: 22/07/2010

Oferta de bolsas.

CONTACTO:

gist-formacion@usc.es
Teléfono 981 56 31 00 (ext. 14440)
Páxina web do grupo de investigación

Archivos asociados a esta noticia: