Oficina CEER
 18-02-2010
O CEER regala 20 entradas para o Forum Santiago 2010 (xa están agotadas)

O Centro de Estudos Eurorrexionais regala 20 entradas para acudir o domingo ao Forum Gastronómico que se vai celebrar dende o sabado 20 de febreiro ao mercores 24 de febreiro na capital de Galicia.

O Fòrum Gastronòmic -congreso pioneiro, innovador e independente-, vén celebrándose cun éxito innegábel desde o ano 1999. Os seus organizadores, Pep Palau, von Arend & Associats, conseguiron consolidalo como un punto de encontro imprescindíbel para empresas agroalimentarias, cociñeiros profesionais e restauradores. A solidez e o éxito do modelo conseguiron que se converta nun referente e modelo a seguir.

O Fórum naceu como un congreso profesional de e para cociñeiros. Baixo este paraugas, paralelamente foise consolidando unha feira de produtos de alta calidade: alimentación, bebidas, publicacións, utensilios ou maquinaria son o complemento ideal das actividades relacionadas co congreso. O programa fórmano sesións de cociña en directo da man de grandes cociñeiros nos que o asistente pode degustar as elaboracións realizadas, catas de viños, diálogos e un longo etcétera deseñado co único obxectivo de proporcionar ao profesional as mellores ferramentas de formación.

O CEER continua na liña de colaborar co aqueles espazos innovadores e creativos que se desenvolven na Eurorrexión Galicia e Norte de Portugal e por este motivo regalamos 20 entradas as primerias persoas que envian un correo a : comunicación@fceer.org e soliciten unha entrada.