Oficina CEER
 24-02-2010
Amplio apoio institucional entre Galicia e o norte de Portugal para impulsar o Trofeo Interuniversitario de Remo

A 1º Competición de Remo Interuniversitaria no Río Miño terá lugar no concello de Tui o 22 de Maio e nela partciparan equipos de equipos de remo das universidades galegas de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e as do Norte de Portugal, Minho, Tras os Montes e Alto Douro e Porto.

Na sinatura deste convenio estiveron presentes xunto co alcalde de Tui, o presidente da Cámara Municipal de Valença, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, o reitor da Universidade de Vigo, o reitor da Universidade de Minho; o reitor da Universidade do Porto, e os vicerreitores da Universidade de Trás-os- Montes e Alto Douro e A Coruña. Asinaron tamén o convenio representantes da Secretaria Xeral de Deporte da Xunta de Galicia; Instituto do Desporto de Portugal I.P, e da Federación Galega de Piragüismo, así como da Associação de Canoagem do Minho

A competición realizarase en barcos canoa-dragóns e participan en cada embarcación 10 remeiros/as, un tamborileiro/a e un timonel. Estas embarcacións, típicas do Norte de Portugal, teñen unha gran espectacularidade ao ir surcando o río en función do tamborileiro que marca o camiño. O obxectivo deste encontro, no que participan tanto homes como mulleres nun so barco, é mostrar o deporte como un exemplo de superación, integración, respecto á persoa, tolerancia, perseverancia, traballo en equipo, superación dos límites, autodisciplina, responsabilidade, cooperación, honestidade e lealdade, valores que os asinantes do convenio comparten.

Este encontro celebrarase na cidade de Tui o 22 de maio e espera convertirse no evento deportivo por excelencia da Eurorrexión Galicia –Norte de Portugal, grazas ao interese mostrado por todas as partes involucradas nesta competición, para o director da Fundación CEER, Carlos Ferrás, “ a competición de remo debe ser unha ponte máis na relación entre deporte e coñecemento, entre Galicia e o Norte de Portugal e en definitiva un espazo de colaboración, esforzo e sacrificio”.