Aberto o plazo de inscrición para o Intercambio Internacional sobre o Medio Ambiente
Do 5 ao 12 de marzo, a OSIX en colaboración con Amigos da Terra, van levar a cabo un proxecto de Intercambio Europeo sobre Conservación Ambiental que se celebrará nas Corcerizas. A xuntanza acudirán mozos de cinco países da Unión Europea.
A representación da mocidade galega participarán no proxecto será a través de estudantes da Universidade de Vigo.
O programa que están organizado está formado por xogos e actividades encamiñados a coñecer mellor aos diferentes paises. As actividades desenvolvéranse nas Corcerizas, e tódolos gastos durante eses días de transporte, aloxamento e mantenza serán gratuítos.
Podes participar se tes:
Entre 18-25 anos.
Opinións sobre medio ambiente na Galiza, e en España.
Coñecemento da nosa rexión e país.
Curiosidade e bó humor.
O plazo de inscrición estará aberto ata o día 20 de febreiro.
Información e inscrición:
OSIX, CAMPUS DE OURENSE. Tel. 988 38 71 71 – - ofix-ou@uvigo.es
AMIGOS DA TERRA. Tel. 988 37 43 18-sve@amigosdaterra.net