Oficina CEER
 01-03-2007
Científicos galegos idean un sistema de propulsión ondulante para barcos

Un grupo de investigadores da Escola Universitaria Politécnica de Ferrol acaba de recibir unha subvención de 50.000 euros da Consellería de Innovación e Industria para dearrollar un pioneiro sistema de propulsión para barcos que sustitúe as hélices por aletas, emulando así o movemento dos peces e outros organismos acuáticos.

O proxecto de investigación coordinado polo profesor Primitivo González, terá unha duración de tres anos e centrarase na fabricación dun prototipo dunha embarcación que incorporará dúas aletas como mecanismo propulsor.

Aínda que xa existen outros sistemas similares no mundo, o que se está desenvolvendo en Ferrol será absolutamente pioneiro porque presenta unha particularidade. Juan de Dios, outro profesor que participa no proxecto, explica esa peculiaridade que o fai único:"Además de utilizarse como método de propulsión, nuestro sistema también podría usarse como transformador de energía, porque es capaz de covertir el movimiento de las corrientes de fluido, ya sea agua o viento, en energía eléctrica".