Oficina CEER
 13-03-2007
A UDC premia a traxectoria de María Wonenburger

A UDC entregará o próximo mércores 7 de marzo, o I Premio Mulleres Ciencia Arte á matemática coruñesa María Wonenburger. A creación do galardón é a primeira iniciativa que se leva a cabo dende a Oficina de Igualdade de Xénero do campus herculino.

Nacida en Oleiros fai 80 anos, María Wonenburger foi a primeira española en recibir unha bolsa Fullbright. Desenvolveu labores de investigación nas universidades de Yale e Ontario e é a artífice da teoría das álxebras de Kac-Moody.