Oficina CEER
 14-03-2007
Químicos de Santiago investigan como tratar a dor oncolóxica

Un equipo de investigadores da Facultade de Química da USC, coordinado polo profesor Ricardo Alonso, traballa no desarrollo dun tratamento "eficaz" da dor severa derivada, sobre todo, de patoloxías oncolóxicas onde os opioides non son de axuda, así como no desarrollo de novos antitumorales máis selectivos, que destrúen as células dañadas respetando as sans.

O equipo da Facultade de Química traballa na investigación dunha síntesis efectiva de dúas familias de compostos naturais: as tetrodotoxinas (obtidas do peixe globo) e as pancratistatines (obtidas dalgunhas plantas como o narcissus). Partindo de que ambas comparten unha subestructura moi similar, o equipo da USC desenvolviu e patentou unha metodoloxía de síntesis que permite preparar de forma moi directa esa subestructura común ós dous tipos de compostos.