Oficina CEER
 08-07-2010
PRESENTACIÓN DO PREMIO DE INVESTIGACIÓN XURÍDICA EN GALEGO NA UDC

O secretario Xeral da Universidade da Coruña, Carlos Amoedo, e o decano da Facultade de Dereito, Eloy Gayán, presentaron en rolda de prensa o Premio Lois Tobío de investigación xurídica en lingua galega.

A convocatoria ten como obxectivo incentivar a realización de traballos de investigación xurídica en galego e está destinada aos estudantes e persoas licenciadas en Dereito.

O acto tivo lugar o martes 6 de xullo, ás 11:00 horas na Sala de Prensa da Reitoría.

Fonte: http://www.udc.es