Oficina CEER
 08-07-2010
A CÁTEDRA BANCAJA DA USC CONVOCA AXUDAS PARA ASISTIR A UN CURSO DE VERÁN SOBRE EMPRENDEDURISMO EN PORTO

A Cátedra Bancaja para Mocidade Emprendedora acaba de asinar un convenio polo que ofrece axudas económicas para os estudantes da USC interesados no curso de verán sobre emprendedurismo que o Instituto Superior de Administración e Xestión de Porto (Portugal) desenvolve nesa cidade do 12 ao 16 de xullo.

En virtude do acordo os estudantes da USC verán reducida á metade as tarifas da inscrición no curso e contarán cunha axuda para o aloxamento en residencia xuvenil. O prazo para solicitalo remata este venres, 9 de xullo. Para máis información: loreto.fernandez@usc.es.

Os obxectivos específicos do curso ‘Empreendedorismo 360º’ serían a aplicación de técnicas e métodos de identificación de oportunidades, a avaliación das súas potencialidades e a relación co mundo dos negocios, a adaptación ao contexto empresarial das novas lóxicas dos movementos cívicos, a identificación dos desafíos do liderado responsable en tempos de cambio e a importancia do sector creativo para a economía.

Fonte: http://xornal.usc.es