Oficina CEER
 12-07-2010
A FACULTADE DE EDUCACIÓN ESTRENA CAMPUS VIRTUAL EN SECOND LIFE

Desde este mes de xullo e con vistas a realizar actividades no próximo curso lectivo, a Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (www.educacion.udc.es) abre o seu campus virtual en Second Life, coa ambición de converterse nunha referencia na utilización de ferramentas de comunicación síncrona para a participación dos seus profesores e alumnos en eventos e actividades en Internet en tempo real.
O campus virtual dispón de aularios para a celebración de sesións formativas, salas de reunións para titorías, un auditorio para a celebración de conferencias e outros actos públicos con capacidade para máis de 60 persoas simultaneamente con voz natural, pantallas de navegación compartida que permitirán aos seus profesores e alumnos acceder a contidos dos departamentos da facultade publicados nos seus respectivos portais web, e unha colección de recursos útiles como o acceso á biblioteca da Universidade desde o propio contorno 3D, vídeos, presentacións en Flash, taboleiro de anuncios, grupo de interese en SL, etc.
O campus virtual da Facultade de Ciencias da Ecucación está no enderezo: http://slurl.com/secondlife/novatierra/55/105/20

Fonte: http://www.udc.es